domingo, 22 de outubro de 2017

24 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR



O día 23 e 24 de outubro celebraremos o Día Internacional da Biblioteca Escolar. Dende 1999  a Asociación Internacional de Bibliotecas Escolares estableceu esta data co fin de evidenciar a importancia que na educación teñen as bibliotecas escolares. A nosa biblioteca preparou as seguintes actividades para que todos lembremos tamén a súa importancia:

Luns, 23 de outubro
  • 1º RECREO. Mesa de préstamo na entrada do centro.
  • 2º RECREO. Actuacións musicais e entrega de diplomas aos axudantes da biblioteca do pasado curso.
Martes, 24 de outubro
  • 1º RECREO. Mesa de préstamo na entrada do centro.

Coñece a nova sinalización dos fondos da biblioteca

Coa axuda do alumnado,  reubicamos os fondos de narrativa, teatro e poesía en lingua castelá e galega. Pásate pola biblioteca e coñece a nova sinalización das lecturas obrigatorias e recomendadas, seguro que atopas o que precisas. Grazas a todos os que colaborastes!



 

NOVAS ADQUISICIÓNS NA NOSA BIBLIOTECA

Chegaron á biblioteca unha morea de novas lecturas; Ledicia Costas, Fina Casalderrei, Alicia Borrás, Fernández Paz, Andrea Maceiras. Achégate, a porta está aberta para participar, descubrir e desfrutar dun novo ano de lecturas. 
  • CASALDERREI, Fina. A pomba e o degolado. Ed. Xerais 
  • ALICIA BORRÁS SANJURJO: Nata y chocolate. Ed. Anaya 
  • FERNÁNDEZ PAZ, Agustín. Cartas de inverno. Ed. Xerais
  •  COSTAS, Ledicia. A Señorita Bubble. Ed. Xerais 
  • MACEIRAS, Andrea. Nubes de evolución. Ed.Xerais 
  • CAJARAVILLE, Héctor. Denébola a Roxa. Baía Edicións
  •  CARE SANTOS. Mentira. Ed. Rodeira. 
  • CASTELAO. Os vellos non deben de namorarse. Ed. Galaxia 
  • VV.AA. Antoloxía do conto galego do século XX. Ed. Galaxia
  •  CAJARAVILLE, Héctor. A caixiña dos rancores. Ed. Xerais
  •  VV.AA. All About Britain. Ed. Burlington Books
  •  ANDREA M. HUTCHINSON. Recipe for Success. Ed. Vicens Vives 
  • ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO. Poemar o mar. Ed. Xerais   
  • Takes the shape of its containerHave more kinetic energy than solidsDefinite volume de Del Real Antonio

luns, 16 de outubro de 2017

Colección TÚ PUEDES de Lectura Fácil

Aquí vos deixamos algunhas ferramentas para facilitar a aprendizaxe e a comprensión lectora do alumnado que por distintos motivos ten dificultades lectoras (necesidades educativas especiais, estudantes recentemente incorporados que teñen que aprender o idioma de acollida…).


 http://www.canallector.com/noticia.php?id=1954