Charla coloquio de Casal Lodeiro

O 24 deste mes o alumnado de 1º de bacharelato tivo a oportunidade de asistir a unha palestra participativa impartida por Manuel Casal Lodeiro, autor da Guía para o descenso enerxético, entre outras obras. Puidemos profundar nas implicacións do teito do petróleo e nas posíbeis alternativas, analizadas de xeito crítico.


A raíz deste encontro, o propio Casal Lodeiro, tamén responsábel do programa Vivirmos nun mundo finito, de Ames Radio, publicou un podcast no que comenta esta experiencia e recolle as ideas básicas que transmitiu.

Vivirmos nun mundo finito 29/04/2024

O alumno Diego Madarnás aínda tiraría posteriormente do fío da conciencia sobre o cambio climático cun programa especial de entrevistas.

Comentarios