O espacio baleiro da medo, pero con esforzo pódese construir o que un queira! Partimos da nada e o traballo dos membros que contitúen o grupo de traballo da Biblioteca deu o seu froito! Deixamos aquí unha galería de imaxes que ilustra mellor que nada o resultado final.
O futuro da Biblioteca: todos nós aplicando unha cita de Ray Bradbury: "uno debe inventarse a sí mismo todos los días y no sentarse a ver cómo el mundo pasa allí adelante, sin que uno participe"
O punto de partida (imaxe publicada no artigo de La Voz de Galicia o 10 de setembro de 2013)
- Situación en setembro de 2013:
- Estanterías baleiras e paredes en branco.
- Caixas no chan con libros que foron cedidos polo Concello.
A nosa Biblioteca hoxe é ben distinta!
- Organización do espazo e decoración do mesmo.
- Expurgo e ordenación do material seguindo a CDU.
- Catalogación no MEIGA dos distintos materiais.
- Novas dotacións:
- Tres postos informáticos.
- Televisión e DVD.
- Un libro electrónico de lectura en sala e préstamo (isto último en proceso).
- Novos exemplares de consulta e lectura (dicionarios, atlas, cómics, etc.)
- Servizo de préstamo de libros en formato papel - entrega de carnés de usuario.
- Formación de usuarios, exposicións, realización e colaboración da Biblioteca na organización de actividades.
O futuro da Biblioteca: todos nós aplicando unha cita de Ray Bradbury: "uno debe inventarse a sí mismo todos los días y no sentarse a ver cómo el mundo pasa allí adelante, sin que uno participe"
Comentarios
Publicar un comentario