En agosto de 1914 comezou un
acontecemento que provocou a morte de máis de dez millóns de persoas,
destrucción a niveis descoñecidos ata ese momento e sufrimento, moito
sufrimento. Falamos da Primeira Guerra Mundial (1914-1918), a Gran Guerra como
a coñeceron as persoas que a viviron. Conmemoramos neste 2014 o centenario
daquel conflito do que neste ano se publicaron moitos estudos e moitas novelas.
Jacques Tardi é un
historietista francés autor de varios volumes de banda deseñada que teñen a
historia como protagonista, aínda que Tardi non é un historiador. Dúas das súas
obras contan, precisamente, como foi a Primeira Guerra Mundial. A primeira delas,
La guerra de las trincheras, ten xa uns poucos anos porque se editou en
1993.
O seu título é dabondo significativo de cómo se desenvolveu aquela guerra: as
trincheiras.
O título do segundo tamén o é: ¡Puta guerra!
Aínda non temos estas obras
na nosa Biblioteca pero se estás interesado nelas Leo se encargará de
conseguilas.
Comentarios
Publicar un comentario