I concurso de microrrelatos de amor


MES DAS LINGUAS NA BIBLIOTECA DO IES MILLADOIRO
I CONCURSO DE MICROPOEMAS DE AMOR
A Biblioteca do IES do Milladoiro convoca o 1º concurso de micropoemas de amor. Anímate a escribir o teu propio poema de amor na lingua que prefiras. Pregunta ao teu profesorado de linguas, se tes dúbidas sobre o que vas  presentar.
BASES DO CONCURSO:
Primeira. Participantes e categorías
Establécense tres categorías:
1.             1º e 2º de ESO
2.             3º e 4º de ESO
3.             Bacharelato
Segunda. Características do texto
Tema: Micropoema de amor. Os participantes poderán presentar dous poemas en dúas linguas diferentes.
Formato: Word, arial 12 e dobre espazo. O poema terá un mínimo de catro versos e un máximo de 8, non podendo superar os 140 caracteres.
Idioma: Poderanse empregar calquera das linguas impartidas no centro: galego, castelán, inglés, francés, latín e grego. Será indispensable entregar o orixinal e a súa tradución ao galego.
Terceira.  Traballos
Entrega: Deberanse presentar os poemas no seguinte enderezo electrónico: leonomilladoiro@gmail.com. No asunto deste correo debe aparecer “1º concurso de micropoemas.
Datos: Ao final do poema deberá incluírse  o  nome, apelidos e o curso.
Data límite de entrega:  6 de febreiro.
Cuarta. Premios
O fallo terá lugar o día 10 de febreiro. Farase público nos taboleiros informativos do centro e no blog da biblioteca.
Entregarase un premio por categoría.
A data da entrega dos premios realizarase o día 12 de febreiro durante o recreo.
Os gañadores poderán ler os poemas aos seus compañeiros no momento en que recollan o premio.
Cuarta. Xurado
O xurado estará constituído por un representante/profesor ou profesora de cada lingua e un membro do persoal non docente.
Quinta. Micropoemas
Pasarán a ser propiedade do IES do Milladoiro e poderán ser obxecto de publicación a través dos medios que considere oportunos (escritos, dixitais, etc.) e sen afán de lucro.
Sexta. Aceptación das bases
A presentación a este certame supón a aceptación das bases presentadas. O incumprimento das mesmas suporá a descualificación automática.

Comentarios

  1. Gracias. Lástima que entré con la idea de participar y ¡no puedo!
    Dejo la sugerencia para próximas convocatorias: implicar a la comunidad educativa creando un apartado de concurso para profes y personal no docente y otro para padres-madres-tutores.
    Un saludo y felicitaciones por la iniciativa

    ResponderEliminar

Publicar un comentario