Durante a Semana do Libro desenvolveranse as seguintes actividades:
Creación literaria:
nas horas de titoría os alumnos poderán participar na creación dunha
historia titulada “A vida de Olaf e Agnetha en Copenhague”. Para elaborar a historia os grupos irán facendo aportacións
narrativas secuenciadas durante as horas de titoría dende o día 24 de marzo até
o día 14 de abril, seguindo os horarios e calendario que enviamos en arquivo
adxunto.
Coas aportacións de
todos os grupos crearemos un libro con tapas grosas que será exposto durante a semana do libro na
nosa biblioteca e no blog da biblioteca insertaremos un libro dixital.
O seguinte texto
servirá para a contextualización da historia:
A vida de
Olaf, un rapaz de 16 anos, cambiará cando coñeza a Agnetha, unha rapaza da súa
mesma idade e que coma el ten que adaptarse a un novo entorno xa que
acaban de trasladar ao seu pai por motivos laborais….
O tendal literario:
breves fragmentos de famosas obras literarias co nome do autor e o título da
obra colgados con pinzas pola biblioteca. Para esta
actividade servirá con que enviemos ao correo da biblioteca os fragmentos que
cremos deben ser expostos na BIBLIOTECA. A idea está tomada da páxina http://leer.es/home.
Lectura secuenciada do Quixote. Un grupo de alumnos de 2º e 3º ESO
lerán na BIBLIOTECA durante o día 23 o Quixote e outro grupo realizará
debuxos ou graffitis en cartulinas sobre
os personaxes da obra.
Comentarios
Publicar un comentario