14 de abril: Avelaíñas Teatro (IES Antón Losada, A Estrada) na nosa Biblioteca

O próximo martes 14 de abril ás 13:15, a aula de teatro AVELAÍÑAS TEATRO do IES Antón Losada de A Estrada representará na nosa biblioteca a obra de teatro escolar GORENTOSADAS. A esta representación acudirá o alumnado de 2º e 3º ESO dos clubs de lectura.
Trátase dunha obra de interpretación coral que combinando linguaxe corporal e verbal busca unha intensa e caleidoscópica reflexión sobre temas e valores como a CULTURA DA PAZ, O RESPECTO POLO MEDIO AMBIENTE, A SOLIDARIEDADE, a integración das persoas con necesidades educativas específicas, a violencia, o poder dos medios de comunicación, os contidos da publicidade, o papel da muller na sociedade actual…

Comentarios