Nun
acto organizado pola Biblioteca e o Departamento de Ciencias Sociais,
o martes 26 de maio, o alumnado de 1º de Bacharelato B, compartiu
unha lección de Historia con Xesús Redondo Abuín. Abuín non sae
nos libros de Historia pero é protagonista dela.
Abuín
naceu en Asados
(Rianxo)
en
1938.
A situación económica familiar
obrigouno
a emigrar. Fixoo á Asturias, onde traballou nas
minas
de carbón.
Alí entrou en contacto coa militancia obreira antifranquista. As
súas reivindicacións por mellores condicións de vida e de
traballo, nunha época na que a folga era considerada delicto
militar, levouno ao exilio en Bélxica. De regreso ao país, foi
detido pola policía franquista, que o enviou a El Aaiún (no antigo
Sáhara español). Pasou dende alí ás Canarias, onde como
consecuencia dun conflito laboral recibiu un disparo da Garda Civil e
foi condeado a doce anos de prisión, da que non saiu ata despois
da
morte de Franco.
Comentarios
Publicar un comentario