O
pasado martes 19 de maio, celebrouse no Instituto
un debate electoral coas sete forzas que se
presentaron ás eleccións locais do día 24. Nodebate tomaron a
palabra nunha primeira ronda o BNG (David Santomil), o PsdG-PSOE
(José Miñones), o PP (Alberto Piñeiro), Ames Novo (Pilar
Candocia), Contigo Pódese (Genma Otero), Pacto por Ames (Ramón
Argibay) e Cidadáns (Javier López). De seguido abriuse unha quenda
de intervención do alumnado presente, de 1º de Bacharelato, que
falou sobre as vías de participación política, dos problemas do
transporte, dos equipamentos para actividades deportivas e lúdicas,
do noite-bus, etc.
Todas
forzas políticas reiteraron o seu compromiso de solicitar unha
entrevista coa Consellería de Educación para solucionar o problema
do equipamento do Instituto. Agradecemos a presenza do acto,
organizado pola Biblioteca e mais o Departamento de Xeografía,
Historia e Ciencias Sociais, das persoas que representan as forzas
políticas do Concello, así como a participación e intervencións
do alumnado presente.
Comentarios
Publicar un comentario