Encontro do Club de º ESO co autor Ramón Caride, Flash-Black 13

Flash-black 13, último libro do autor Ramón Caride, é como  leva implícito o seu título unha volta atrás, negra e inquedante, na que o “maleficio” do número 13 está moi presente; está estruturada en 13 libros, a piques estivo de se publicar no ano 13,  13 alumnos asistiron á reunión co autor este martes, aínda que non era martes 13.

Breves relatos plagados de personaxes e situacións urbanas nos que  a fantasía é o elemento esencial, unha fantasía en clave científica e tecnolóxica que pretende ser telón de fondo da crítica ou reflexión sobre certos aspectos da nosa realidade social, aspectos incómodos ao autor, como a violencia, o racismo, a opresión, a desigualdade, a regresión nos dereitos civís… A  ciencia convértese así nestes relatos do cotiá na maxia creadora de atmosferas desacougantes e se transforma nun instrumento para mirar con precisión a realidade que nos afecta a diario.

Grazas pola túa visita!!!

Se queres ver máis fotos do acto, entra en Leo no Milladoiro.


      

Comentarios