NOVA LIÑA DE TRABALLO PARA ESTE CURSO: "BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS"


"BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS"

Dende a  Asesoría das BIBES galegas un novo cartel que acompañado dun novo lema marcará a liña de traballo para este curso: "Biblioteca escolar, base de exploracións" da autoría do ilustrador e autor de banda deseñada FRAN BUENO. Consulta no enlace en qué consiste este proxecto.

"O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido"  Texto recollido da campaña anual de bibliotecas escolares que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Comentarios