Tras recibir unha formación básica nas funcións de
xestión da biblioteca e os seus recursos a cargo de membros do equipo da biblioteca,
o alumnado inscrito na convocatoria BIBLIOTECAS
ESCOLARES SOLIDARIAS 2015 utiliza o programa MEIGA para préstamos e
devolucións de fondos, cataloga novos libros seguindo a nosa adaptación da CDU, fai
buscas de títulos e suxestións de compra, agrupa e coloca os fondos segundo a
CDU e, sobre todo, implícase na formación de novos usuarios. Estas son algunhas
imaxes que nos deixan os que podemos xa chamar alumnos CIBERvoluntarios.
Comentarios
Publicar un comentario