Dende xaneiro A nosa biblioteca oferta
actividades un mércores ao mes e está atendida por un profesor do centro. Tanto
alumnos e alumnas como pais e nais poden acudir a ler e consultar os libros
ou a participar nas actividades que se ofertan. Así que xa sabedes, nos
deixedes de visitarnos!!!
Esta iniciativa comezou o día 27
de xaneiro cun curso de banda deseñada. O mes de febreiro tivemos un obradoiro
de encadernación e o mes de marzo as familias e alumnos que participaron no
intercambio con Dinamarca reuníronse na
biblioteca para poñer en común as presentacións realizadas polos alumnos e para
achegarnos un pouco á cultura do país que iamos visitar.
O próximo 27 de abril o autor
Xesús López Rodríguez encontrarase con pais e nais, profesores e alumnos para
coñecer máis de preto a traxectoria e as obras deste autor.
IMAXES DO CURSO DE BANDA DESEÑADA
Comentarios
Publicar un comentario