"Mobilízate
pola Selva" é unha campaña do Instituto Jane Goodall que pretende sacar á luz o
perigoso comercio do Coltán, un mineral imprescindible nos dispositivos
electrónicos que se extrae en dubidosas condicións éticas e medioambientais na
República Democrática do Congo.
Dende o IES Milladoiro non
queremos formar parte deste comercio que causa guerras e colaboramos coa
compaña a dous niveis: creando un voluntariado no IES que conciencie a
alumnado, profesorado e familias da importancia de reciclar os teléfonos
móbiles e por outra parte, poñendo un punto de recollida de teléfonos móbiles.
Os beneficios desta campaña
revirten en melloras sociais e medioambientais na República do Congo.
Podedes obter máis información no
enderezo http://www.janegoodall.es/es/movilizateporlaselva.html
Animádevos a traer os móbiles que
non usedes!
Comentarios
Publicar un comentario