Para conmemorar o cuarto centenario do falecemento de William Shakespeare programamos diversas actividades no departamento de inglés.
Utilizamos como espazo de traballo a biblioteca do noso centro xa que nos permitiu traballar en grupos de forma alterna na procura de información nos ordenadores, consulta de vocabulario nos dicionarios e elaboración de carteis e actividades de comprensión coa información atopada.
Algúns grupos de 1º ESO buscaron información sobre frases célebres dalgunhas das súas obras. Algúns grupos de 2º ESO buscaron información sobre a súa vida e o teatro The Globe e alumnos de 3º ESO buscaron información sobre algunhas das obras máis coñecidas deste autor.
Coa información obtida, os alumnos elaboraron carteis cos datos máis relevantes. Estes carteis se colocaron nun lugar visible da biblioteca no mes de abril e, tamén, nun corredor da planta principal do centro.
Ao mesmo tempo, os alumnos elaboraron exercicios de comprensión que contestaron outros compañeiros a semana do día do libro ao mesmo tempo que vían o vídeo que unha das profesoras gravou co traballo realizado polos seus alumnos.
Tres alumnos de 4º ESO leron unha pasaxe en inglés do “Mercader de Venecia” a outros compañeiros na biblioteca.
Comentarios
Publicar un comentario