Desenvolvemento
do OBRADOIRO DE RADIO no grupo de Afondamento da lingua galega en 1º ESO A-B en
tres sesións impartido polo xornalista Luís Pardo.
•
1ª SESIÓN (26
de abril): aproximación ao mundo da radio,
conceptos teóricos, deseño do programa e
reparto das tarefas e/ou seccións (escaleta) para que os alumnos poidan
facer todo o necesario para o programa.
•
2ª SESIÓN (24
de maio): gravación do programa sobre
Manuel María (Letras Galegas 2016) como se fose unha emisión en directo. De
feito fixemos dúas entrevistas en directo a Saleta Goy (viúva Manuel María) e Alberte Ansede
(secretario da fundación Manuel María).
•
3ª SESIÓN (7
de xuño): escoitamos a gravación,
analizámola, debatémola e sacamos conclusión moi válidas para mellorar as
exposicións orais.
Comentarios
Publicar un comentario