24 de outubro DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS


O día 24 de outubro foi o Día internacional das Bibliotecas.
Como festexamos o día? Pois convertindo a biblioteca no territorio das Artes seguindo o lema escollido para este curso pola Asesoría de Bibliotecas: “Bibliotecas Escolares: territorio das Artes”. Debuxo, Pintura, Música,e, por suposto Literatura e, co tempo, cine ou teatro conviviron cos libros.


Para promover esta celebración trouxemos, coa colaboración do departamento de Música, actuacións musicais ao interior da biblioteca e o departamento de Plástica expuxo obras artísticas do alumnado.
Colocamos unha mesa de préstamo á entrada do instituto coa axuda de alumnado voluntario.


Fíxose tamén entrega dos diplomas acreditativos para o alumnado axudante do pasado curso.





 2º recreo Un grupo de alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato interpretou unha canción de Justin Bieber: Love yourself


1º recreo: mesa de préstamo na entrada do instituto e obradoiro de papiroflexia fóra da biblioteca



Comentarios