CHARLA SOBRE LITERATURA FANTASTICA

A literatura fantástica é un dos xéneros máis solicitados polos lectores novos, pero canto sabemos das orixes e historia deste xénero agora en auxe? O luns 21 de novembro un grupo de alumnado de 3º e 4º de ESO realizou unha actividade sobre a historia da literatura fantástica. A actividade consistíu no visionado dunha exposición cedida pola editorial Urco e unha charla explicativa realizada polo escritor, editor e traductor Tomás González Ahola que fixo un percorrido desde as orixes míticas ata a nova “Xeración estraña galega”,nacida no seo de Urco Editora e da revista Contos Estraños.



Comentarios