A cabalo entre o mes de outubro e
novembro leváronse a cabo varias xornadas de Formación de usuarios, tanto nas aulas como na biblioteca.
Todo o alumnado de 1º de ESO e algún curso de 2º de ESO recibIu
unha formación que tiña como obxectivos
coñecer a biblioteca, recoñecer a diversificación de espazos,localizar
documentos con diferentes contidos
e formatos, así como a entrar na propia biblioteca ou noutras,
como a Biblioteca Pública Municipal do Milladoiro a través da páxina:
Para realizar esta formación
utilizamos recursos publicados na páxina de BE.
Foron tamén utilizadas unhas
fichas para localizar diferentes fondos a partir dunhas etiquetas.Estas
actividades foron desenvoltas en pequenos grupos colaborativos.Unha vez
localizados os libros, pasaban a outros grupos que debían devolvelos á súa
correspondente ubicación.
Comentarios
Publicar un comentario