Un curso máis desenvolveuse
na biblioteca do noso IES o obradoiro Ops! “O português simples”. Este
obradoiro (promovido polo EDLG, coa colaboración do Departamento de lingua
galega, a biblioteca e a AGAL) desenvolveuse totalmente en portugués co
obxectivo de poñer en evidencia que falando galego temos unha vantaxe
competitiva, pois podémonos achegar con moita facilidade ao portugués, o que
nos permitiría comunicarnos na sexta lingua máis falada no mundo.
O alumnado de 4º de ESO
valorou de forma moi positiva o obradoiro, cunha puntuación media de 8 sobre
10; descubriu que poden entender un discurso expresado en portugués e que
grazas ao galego “podemos comunicarnos
con moitos países do mundo”.
Comentarios
Publicar un comentario