Como todos os anos, o equipo de
biblioteca leva a cabo unha formación de usuarios, especialmente dirixida ao
alumnado dos primeiros cursos da ESO, en particular, ao alumnado novo, tanto de
1º de ESO como doutros cursos.
O alumnado recibe unha formación
na aula para aprender a entrar na nosa biblioteca e tamén nas bibliotecas de
proximidade de xeito virtual. Para saber como están catalogados e ubicados os
libros, utilizamos recursos da web de Bibliotecas Escolares.
Despois, en pequeño grupo
acudimos a biblioteca para realizar un xogo de pistas , que consiste na
localización de diversos recursos a partir das etiquetas. Cada grupo debe
localizar varios libros. Unha vez que finalicen, deberán colocar libros que
outros grupos encontraron.
Contamos co apoio das titorías
para desenvolver estas actividades de formación.
Comentarios
Publicar un comentario