PENSAMENTOS DE CASTELAO E ROSALÍA



Durante o segundo trimestre, o noso centro fixo unha  homenaxe a dous persoeiros fundamentais para a nosa cultura a través de dúas efemérides: o aniversario dos nacementos de Castelao (30 de xaneiro) e de Rosalía (24 de febreiro). Entre outras actividades, o EDLG   proporcionou para cada aula do centro unha planta de pensamentos con dous "pensamentos" (citas) de Castelao, previamente seleccionadas polo alumnado do grupo. A partir de febreiro esas verbas de Castelao foron substituídas por versos de Rosalía. 

Ademais, o EDLG realizou en colaboración co equipo da Biblioteca unha exposición sobre os álbums de guerra de Castelao e a paz lingüística. Estas actividades compleméntanse coa visita do alumnado de 4º de ESO   á exposición Castelao maxistral no Gaiás.






Comentarios