A partir do martes 23 de abril houbo na biblioteca escolar unha serie de actividades para conmemorar o Día do libro.
Co obxectivo de visibilizar os clubs de lectura, leváronse a cabo, ao longo de todos os recreos, lecturas de narrativa (clubs de 1º de ESO), de poemas (clubs de 2º de ESO) e de teatro (club de 3º de ESO). Ao finalizar as lecturas sorteuse un libro.
Por outra banda, preparamos unha exposición dunha vintena de libros entre as novidades e os préstamos sorpresa. Estes libros conviviron con outros de cociña galega e cociñas do mundo para preparar a actividade da Xornada gastronómica francesa e cociñas do mundo que terá lugar o martes 30 de abril, tamén na biblioteca.
Comentarios
Publicar un comentario