XORNADAS GASTRONÓMICAS

O pasado 30 de abril, o Departamento de francés organizou a VI Xornada Gastronómica de Cociña Francesa e Cociñas do Mundo. Unha boa representación do alumnado elaboraron recetas traballadas con anterioridade na clase de Lingua Estranxeira francés. Tamén algúns docentes aportaron preparacións da cociña francesa e receitas do mundo.  Tras a exposición dos numerosos pratos, acompañados da correspondente ficha, o xurado (formado por profesorado e persoal non docente) fixo a selección dos mellores tanto doces como salgados. Os premios ao profesorado foron decididos por representantes do alumnado. Unha vez decididos os gañadores, todo o alumnado e o persoal do centro tiveron a posibilidade de  degustar as distintas receitas (entre as 12.30 e as 12.50 h).

Algún dos pratos doces


Premios:(categorías A e B: cheques canxeables  por libros ou material escolar nunha librería-papelería da zona).

Cociña francesa ou francófona

    A.    Pratos elaborados polo alumnado
Pratos doces.
  •  1º (15 €) Nerea,   Lorena, Eva e Ari de 1ºE.S.O. B co prato Macarons

  • 2º (10 €)  Laura e Nerea, de 3ºE.S.O. D, co prato Île flotante
Île flotante
Pratos salgados.
  • (15 €)Valentina e Annabelle de 3º E.S.O. A co prato      Cordon Bleu



Cociñas do mundo
 B- Pratos elaborados polo alumnado con familia procedente doutros países (doces ou salgados).

1º premio de  15 €. Uxío López, de 2º de Bacharelato A con Cheesecake

C.- Platos elaborados polo profesorado.
 Margarita Porto, profesora de tecnoloxía, acadou o premio coa receita Croque Monsier.

Comentarios