O 25 novembro celebramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero en colaboración co EDLG e co
Departamento de Lingua Galega.
Previamente traballouse co
alumnado de 4º de ESO e co de 1º de bacharelato o tema da violencia contra a
muller a través de dúas obras literarias:
Senlleiras de Antía Yáñez
e Dos días escuros de Mª Carme Caramés Gorgal .
A nosa biblioteca acolleu un encontro entre o alumnado de bacharelato e Mª Carme Caramés Gorgal, autora do poemario Dos días escuros. Neste encontro, que resultou moi ameno e instructivo, tivemos ocasión de debater coa autora e de realizar a lectura dalgúns textos significativos da súa obra.
Carmen Caramés |
Comentarios
Publicar un comentario