O día 28 comezaremos con lecturas de poemas na biblioteca por
parte do alumnado e o profesorado. As lecturas realizaranse durante os dous
recreos da xornada lectiva. Continuaremos coas lecturas os días 2 e 3 de marzo.
O día 3 de marzo, durante o primeiro recreo, terá lugar un
concurso de recitado destinado ao
alumnado.
Agardamos que a participación sexa numerosa para celebrarmos
e reivindicarmos a nosa escritora máis universal que agora xa dá nome a unha
estrela.
Comentarios
Publicar un comentario