Velaquí dúas das novidades de outubro na nosa biblioteca.
Atlas é o máis recente e fascinante poemario de Alba Cid, co que obtivo o Premio Nacional de Poesía Xove Miguel Hernández neste 2020. O xurado destacou que "é poesía tanto do coñecemento como da emoción, e presenta unha nova cartografía en que se funde o mapa do corpo co do planeta, a memoria e o enigma”. Tamén resaltou que é unha obra “escrita coa lóxica do asombro e chea de referencias culturais que se contemplan desde unha mirada excéntrica que fermenta en rebeldía.”
En O menhir de ouro Asegurancetúrix ten pensado participar no torneo dos bardos galos e está convencido de que acadará o máximo galardón. Acompañan os protagonistas deste volume voces excepcionais, música orixinal e efectos sonoros feitos á medida para completar as súas asombrosas aventuras, pois Xerais amplía a experiencia de lectura cunha versión sonora.
Comentarios
Publicar un comentario