O 11 de febreiro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, proclamado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas para potenciar o acceso e a participación plena, equitativa, da muller no mundo científico.
Cómpre insistir en que persiste a fenda de xénero no ámbito científico-técnico, nas disciplinas STEM, especialmente nos graos das Enxeñarías, Informática ou Física. O aumento -relativo, non progresivo- nas últimas décadas do acceso das mozas a eses estudos e aos proxectos dese eido, fronte estereotipos e roles asignados, non adoita superar o 25% e está moi lonxe de significar unha igualdade real de oportunidades.
No noso IES reivindicamos os obxectivos da celebración cunha semana de tertulias, alén doutras actividades.
Na nosa biblioteca podemos atopar, así mesmo, unha escolma de recursos no estante de novidades.
De por parte, o Concello de Ames presenta un vídeo o propio día 11 para dar visibilidade á muller na ciencia e a innovación. Nel interveñen alumnas e profes dos centros escolares públicos, incluído este IES, e mais diversas científicas, innovadoras e investigadoras.
Para profundar:
- UNWOMEN.
- Cátedra de Feminismos 4.0
- Quero ser investigadora (a experiencia de dez científicas desde a UVIGO).
- Apoio do Concello de Ames ao movemento NoMoreMatildas.
- Etiqueta #nonmáismatildas, campaña para o recoñecemento das mulleres científicas.
- Etiqueta #diadamullereanenanaciencia.
- Mesas redondas en directo (no Programa Muller e Nena na Ciencia do Concello de Pontevedra).
- Investigadoras mariñas saíndo da sombra.
- As ciencias escríbense en feminino (vídeo)
Comentarios
Publicar un comentario