Entrevistas a artistas, iniciativas de igualdade e saúde, actividades complementarias do instituto, reflexións e lecturas, entre outras achegas, están a arrequecer o proxecto de radio do IES. Mais, sobre todo, está a desenvolverse unha dinámica de participación, creación e espírito crítico admirábel, guiada fundamentamente polo bo facer de Manuel, Tina e Mila e mais a implicación crecente do alumnado.
Podemos seguir os programas do MillafalaDoiro na conta do ENDLG en Soundcloud, así como desde a propia páxina do centro ou desde o blogue do Equipo. Recollémolos aquí, así mesmo, nunha lista de reprodución.
Moitos parabéns a tod@s @s participantes!
Comentarios
Publicar un comentario