No 8M, o feminismo emerxe máis esencial ca nunca

 

Adquisicións do Comité de Igualdade e a Biblioteca

Esta é a nosa escolma de lecturas feministas nun 8M marcado pola sustentabilidade da vida e a transformación da realidade en sentido igualitario. 



Na situación de pandemia, as decisións restritivas non se acompañaron de medidas públicas que garantisen a atención dos menores e das persoas dependentes, o que supuxo que as mulleres asalariadas tivesen que reducir as súas xornadas ou mesmo renunciar ao traballo. De xeito máis sangrante ca antes, a súa vida púxose ao servizo dunha sociedade que non lle dá valor aos coidados. Igualmente, viuse que as actividades esenciais foron maioritariamente as feminizadas, mais non se produciu unha revalorización económica e social destes traballos, senón que as mulleres sufriron a sobreexplotación.



Máis

Comentarios