Segunda reunión do club de lectura do profesorado

 

Escollemos para segunda lectura do club a novela gañadora do Premio García Barros 2020: Flores de ferro de María Rei Vilas. Trátase da primeira novela desta autora, que profesionalmente imparte aulas de bioloxía e xeoloxía.

Satisfainos moito comentar que acertamos plenamente na elección. Sempre se ten algunha reserva cunha primeira novela e esta non só non nos defraudou senón que nos encantou.

María Rei conseguiu crear unha trama con moi bo ritmo e interese crecente e unhas personaxes moi ben caracterizadas.

A historia, contada desde tres miradas diferentes, rescata do silencio a voz das mulleres e fala sobre o poder, a represión e a violencia do poder e a violencia contra as mulleres. Fala tamén da importancia da memoria e da empatía e afouteza das mulleres, as flores de ferro da novela.

Recomendámosvos vivamente esta lectura e deixámosvos dous enlaces para que poidades ver máis críticas.

 

Comentarios