Este curso participamos en varias convocatorias: Clubs de lectura, Bibliotecas Solidarias (axudantes de biblioteca), Radio na biblio, renovación do PLAMBE. Co orzamento extraordinario deste último para o curso actual estamos
adquirindo máis exemplares das lecturas obrigatorias e voluntarias.
Ademais, continuaremos a colaboración coas bibliotecas da contorna para editar dúas guías de lecturas recomendadas de Nadal e de Verán, que tamén publicamos neste blog.
Así mesmo, estamos en contacto coa biblioteca Ánxel Casal de Santiago e coa Biblioteca Municipal do Milladoiro. Aproveitamos para recomendar que o alumnado faga o carné desta biblioteca porque así poderá acceder á plataforma GaliciaLE.
Funcionamento da nosa biblioteca
Todo o alumnado e profesorado dispón dun número de lector ou lectora (utilizaremos o mesmo número que o pasado curso e ao alumnado novo de 1º de ESO ou doutros cursos xa lles foi comunicado). O préstamo está xa en marcha e funciona tanto de xeito on-line, a través da páxina web do centro coa etiqueta PRESTAMO, como tamén presencial.
Poderase levar en empréstito ata 3 recursos (libros, CDs ou DVDs), que deberán ser devoltos nun prazo de 15 días. É moi importante o respecto dos prazos de devolución, así como o coidado dos libros para evitar o súa deterioración ou extravío.
Comentarios
Publicar un comentario