Día de Rosalía

Foron múltiples as actividades que se desenvolveron no noso IES para conmemorar esta data, grazas especialmente ao traballo do Equipo de Dinamización dentro do seu proxecto Ao son da paisaxe e seguindo o lema da xornada #SementadePensamentos. Colocación de lendas nas escaleiras, charla de Marilar Aleixandre, recitados, lectura de manifesto, plantación de árbores ou actuacións musicais impregnaron de semente creativa a vida do centro.
 


Ademais, o alumnado do EDLG estivo tamén presente nos actos organizados polo concello de Ames.

Comentarios