Benvida /o à Biblioteca do IES do Milladoiro

 


Na Biblioteca do IES do Milladoiro, norteamos a nosa actividade num traballo de articulación permanente com os diferentes axentes da comunidade escolar, aliñados como as orientacións que nos chegan da Rede de Bibliotecas de Galicia, tendo sempre en conta a realidade do noso territorio educativo.

O equipo, composto por profesorado asignado cada curso escolar para realizar as funcións deste servizo educativo, ademais de garantir a tramitación documental e a asistencia xeral, céntrase no seu papel de colaborador no deseño e posta en marcha de proxectos e actividades que promovan, entre o alumnado, o amor pola aprendizaxe e que, ao mesmo tempo, estimulen a súa curiosidade, creatividade e capacidade de intervención.

Esta páxina contribúe a fortalecer as relacións con toda a comunidade educativa, concretamente proporcionando catálogos de coleccións físicas e dixitais e información actualizada sobre novas adquisicións. Tamén permitirá a difusión de actividades e proxectos que se levan a cabo no noso centro educativo.


Benvidas / Benvidos de volta á escola! As portas da nosa biblioteca están abertas para darvos a benvida. Invitámosvos a descubrir un universo de historias, información e experiencias. Que este curso escolar estea cheo de descubrimentos e aprendizaxes para toda a comunidade escolar!

Comentarios