CLUB DE XADREZ - BIBLIOTECA IES DO MILLADOIRO
Este club ten como obxectivo proporcionar a práctica do xadrez como ferramenta e estratexia pedagóxica, de socialización e inclusión, co fin de cualificar a cidadanía no nivel de habilidades, principios e valores.
Obxectivos do Club de Xadrez:
- Desenvolver no alumnado unha actitude positiva cara ao xadrez, permitíndolles aprecialo como un elemento con carga cultural;
- Desenvolver o razoamento lóxico e abstracto do alumnado;
- Adestrar o cálculo mental;
- Aumentar o afecto do alumnado pola escola;
- Contribuír a impulsar a autoestima;
- Priorizar a resolución de problemas. A aprendizaxe orientada a problemas proporcionará ao alumnado a oportunidade de analizar e propoñer solucións alternativas a situacións cotiás;
- Desenvolver a capacidade de atención, a memorización, a concentración e a imaxinación do alumnado;
- Axudar ao alumnado a integrarse;
- Mellorar o rendemento académico do alumnado.
Modo de funcionamento:
- Sesións semanais, os martes polas tardes;
- O alumnado interesado en aprender xadrez debe rexistrarse mediante un formulario de inscrición, co permiso dos pais;
- A asistencia do alumnado rexistrarase nunha táboa específica;
- O Club poderá organizar torneos entre os participantes;
- O alumnado poderá participar en campionatos interescolares/rexionais.


Comentarios
Publicar un comentario