OS NOSOS UNGÜENTOS. PLANTAS QUE CURAN
O alumnado que participa do Club de Ciencia, en colaboración coas coordinacións do
centro, Biblioteca, Convivencia, Radio, EDLG e Igualdade, explorará o mundo das plantas
medicinais, descubrindo as súas propiedades e os seus beneficios e aprenderá a identificar
diversas plantas, os seus usos e como poden contribuír a unha vida saudable e natural.
O proxecto pretende integrar o coñecemento científico na vida cotiá, fomentando o uso dos
recursos naturais para o benestar da nosa comunidade escolar e das familias. A través de
enquisas traballaremos coas persoas maiores para saber os seus coñecementos sobre
plantas.
Ademais de proporcionar información recompilada da nosa contorna, o proxecto presentará
o nome científico de cada planta e os seus usos, rescatando este coñecemento que se está
perdendo e do que posiblemente o noso alumnado non recoñeza a súa importancia para
curar enfermidades, nin os riscos de usalas incorrectamente.
Preténdese, nun traballo colaborativo de toda a comunidade educativa e a través do
coñecemento das persoas maiores, que o alumnado poida rescatar as súas raíces e
entender que as plantas poden substituír os medicamentos.
Obxectivos
• Promover o intercambio de coñecementos sobre herbas e plantas medicinais
rexionais, ben como doutras partes do mundo, rescatando e valorando o oficio do
dos avós;
• Valorar o coñecemento da natureza e das herbas;
• Recuperar, actualizar e difundir coñecementos sobre o uso das herbas medicinais;
• Usar o laboratorio de Ciencia para que o alumnado poida producir xabóns,
ungüentos, aceites curativos, repelentes, etc.
Podedes descargar a ficha do proxecto e entregala este mes na Biblioteca.
Ficha Aquí

Comentarios
Publicar un comentario