I TORNEO DE XADREZ DO IES DO MILLADOIRO

O xadrez inspira a aprendizaxe e a integración no IES do Milladoiro



O IES do Milladoiro celebrou o I Torneo de Xadrez que reuniu estudantes de diferentes clases e deleitou á comunidade escolar. O xadrez na biblioteca escolar é unha actividade que promove o desenvolvemento do razoamento lóxico e estratéxico entre o alumnado. Ademais de ser un xogo que estimula a concentración e a paciencia, o xadrez tamén fomenta a socialización, permitindo que o alumnado interactúe e aprenda un do outro.

Ao ofrecer un espazo dedicado ao xadrez, a biblioteca transfórmase nun ambiente onde o coñecemento vai máis alá dos libros, creando unha cultura de pensamento crítico e respecto. Con torneos e sesións de práctica, a biblioteca pode converterse nun punto de encontro para mozos e mozas entusiastas, fomentando o traballo colaborativo e a amizade.

Aquí traemos algunas das fotos que realizamos no día 27 de febreiro. Foi unha xornada de bonita competición entre todo o alumando inscrito. Aquí vemos diferentes momentos da mesma e o momento da entrega de premios realizado polo nosa compañeira Nieves Argibay Sampedro.















Romano Arteaga 1º lugar
Xabi Costela 2º lugar
Diego Queija 3º lugar
Adrián García 4º lugar
Yago Bouzas 5º lugar

Moitos parabéns!

Desde a biblioteca queremos expresar o noso agradecemento ao profesor do Club de Xadrez, Iván Sánchez Fernández, así como ao alumnado participante que fixeron posible o evento.

Comentarios