CITA A CEGAS CUN LIBRO
DÍA DOS NAMORADOS / DÍA DE SAN VALENTIN
Celebra o Día dos Namorados / Día de San Valentin deixándote seducir por unha lectura.
En que consiste?
Dende o venres 6 de febreiro (ata esgotar exemplares) haberá unha selección de libros agardando unha cita contigo.
• Os libros estarán envoltos sen coñecer o seu título.
• O paquete contén pistas e comentarios sobre o contido do libro para axudarche a escoller segundo as túas preferencias.
• Escolle un e lévao para a túa casa, amósale ese espazo no que te sintes cómoda/o para ler e déixate seducir.
PROBÁDEO!

Comentarios
Publicar un comentario