RECITAL POÉTICO-MUSICAL
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2026
O vindeiro 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, ven compartir a maxia dos versos da nosa escritora máis ilustre.
O Equipo de Dinamización Lingüística realizará un “Recital Poético-musical”. O acto consistirá na lectura do poema “Xan” (Follas Novas, 1880) polas alumnas Dora Díaz Fernández e Laura Guillemet López, acompañado musicalmente pola alumna Vera Rodríguez López (violín).
Cando: 23 de febreiro
Hora: 12:30
Onde: Biblioteca do IES do Milladoiro
Profesorado, alumnado e toda a comunidade educativa poderá traer a súa lectura ou participar da lectura do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
Trae a túa propia voz ou simplemente vén a escoitar.

Comentarios
Publicar un comentario