PRESENTACIÓN DA REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN

Temos o pracer de convidarvos á presentación do número 93 da Revista Galega de Educación, publicada pola Nova Escola Galega.
Este último número está dedicado á radio escolar como ferramenta educativa, abordando as súas posibilidades pedagóxicas, comunicativas e de participación do alumnado.
O acto terá lugar o vindeiro luns 23 de febreiro ás 16:30, na Biblioteca do IES do Milladoiro e contaremos coa presenza do alumnado do centro implicado no proxecto MillAfaladoiro, xuntamente con representantes da revista.
Convidamos ás familias e toda a comunidade educativa.
Non faltedes!
Comentarios
Publicar un comentario