Entre libros e leccións: o encontro que marcou o Día da Muller na nosa biblioteca
Neste Día Internacional da Muller, a nosa biblioteca enchéronse dunha enerxía especial. Acollemos ás mulleres da nosa comunidade educativa para un momento de intercambio, reflexión e partilla sobre a forza das mulleres na educación.
Para garantir que as reflexións deste encontro de mulleres permanezan presentes na vida cotiía de cada unha, a biblioteca preparou unha colección especial de frases e marcapáxinas. Non son só accesorios de lectura, senón pequenos recordatorios da autonomía adquirida a través do coñecemento.
O obxectivo é que, ao pechar unha lectura, as lectoras atopen unha frase que as convide a reflexionar sobre a igualdade e o papel da muller na sociedade contemporánea.
Sabemos que a biblioteca e a escola son espazos onde se configura o futuro, e as mulleres da nosa comunidade educativa son as arquitectas desta construcción. Durante o noso encontro, lembramos que o acceso á lectura e ao coñecemento foi un dos maiores logros históricos das mulleres, permitindo que voces que antes estaban silenciadas ensinasen e inspirasen ás novas xeracións de hoxe.
Este encontro reafirmou o papel da nosa biblioteca como espazo para o pensamento e a resistencia. Agradecemos ás mulleres do noso centro que contribuíu co seu testemuño e coñecemento, reforzando que a educación é, en si mesma, un acto de liberdade.
.jpg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
Comentarios
Publicar un comentario