ENCONTROS LITERARIOS NO CLUB DE LECTURA DE PORTUGUÉS
O alumnado de portugués do 3º e 4ºESO está a ler "Corpus" da escritora Raquel Miragaia e desde a biblioteca escolar organizamos un encontro coa escritora. O 7 de abril, daremos a benvida á profesora e autora Raquel Miragaia para unha conversa exclusiva sobre as súas obras e o mundo da escritura.
Máis que unha charla, este encontro será un momento de intercambio. O noso alumnado terá a oportunidade de descubrir como nacen as historias e como as carreiras académicas se entrelazan coa ficción. Prepara as túas preguntas e vén celebrar o poder da lectura con nós!

Comentarios
Publicar un comentario