Quixemos recordar que a poesía é a arte de pintar con palabras. É un xeito de expresar o que sentimos: a ledicia, a dúbida, a amizade ou ese "nó na gorxa", dun xeito que ninguén máis pode facer. Na poesía, as palabras non serven só para dar información, serven para crear música, ritmo e imaxes na nosa cabeza.
A nosa Biblioteca converteuse nun refuxio para as e os poetas que todos levamos dentro. Durante a xornada, puidemos:
Descubrir novos mundos: Exploramos os andeis cheos de libros de versos que agardaban por nós.
Compartir poemas: Moitos de vós atrevestesvos a escribir e deixastes a vosa pegada no noso "Mural dos Poetas".
Simplemente ler: Gozamos de momentos de lectura pausada, eses que teñen o poder de mudarnos o día.
Aínda ben que facemos poesía!
Grazas ao alumnado por participar e por deixarvos contaxiar pola maxia das palabras.
A poesía segue viva na nosa biblioteca!

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
Comentarios
Publicar un comentario