DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR

 DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR



I FEIRA DE TROCO DE LIBROS DA BIBLIOTECA DO IES DO MILLADOIRO


Celebra con nós o Día Mundial do Libro e dp Dereito de Autor💥

Co gallo do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, convidámoste a participar na nosa I Feira de Troco de Libros. Queremos que as historias circulen e que a cultura chegue a tod@s!


REGULAMENTO DA I FEIRA DE TROCO DE LIBROS

1. Obxectivo:
Promover o incentivo á lectura e o intercambio de coñecemento a través do troco gratuíto de obras literarias entre a
comunidade educativa do noso centro.

2. Que se pode trocar:

  • Libros de literatura (infantil, xuvenil, narrativa, poesía, crónica, etc.).

  • Banda deseñada.

  • Libros técnicos ou de non-ficción en bo estado.

3. Criterios de Avaliación (Estado do Libro):
Para garantir a calidade, 
NON se aceptarán libros con:

  • Páxinas rotas, riscadas ou que falten.

  • Sinais de mofo, humidade ou manchas graves.

  • Libros de texto (escolares), dicionarios, enciclopedias ou manuais desactualizados.

4. Dinámica do Troco:

  • O troco baséase no sistema "un por un": por cada libro entregado, a persoa recibe un vale-libro que dá dereito a escoller outro dos dispoñibles na feira.

  • Non hai transaccións económicas. O obxectivo é a circulación gratuíta.

  • Poden trocarse libros de diferentes xéneros entre si, sempre que estean en bo estado.


Data: 23 de abril
Lugar: na nosa biblioteca
Hora: nos dous recreos

Agárdamoste para facer medrar a nosa comunidade lectora!

Comentarios