DÍA MUNDIAL DO LIBRO

 

I FEIRA DE TROCO DE LIBROS - BIBLIOTECA IES DO MILLADOIRO


Así foi a nosa Feira de Troco de Libros: Un éxito cheo de novas historias!

Coas emocións aínda a flor de pel, queremos botar a vista atrás para recordar o ben que o pasamos na nosa I Feira de Troco de Libros.
Foi unha xornada fantástica onde a biblioteca se encheu de movemento, de conversas literarias e, sobre todo, de moita xenerosidade. Ver como un libro que para alguén xa rematara a súa viaxe se convertía na nova ilusión de outra persoa é, sen dúbida, a mellor recompensa.







Grazas por facelo posible ❤️
Queremos darvos as grazas de corazón a todas as persoas que vos achegastes cos vuestros exemplares baixo o brazo. Grazas por coidar os libros, por respectar as normas de intercambio e por demostrar que na nosa comunidade a cultura está máis viva que nunca.

Comentarios