MILLA FALADOIRO - ENCONTRO CON ESCRITORAS
A nosa biblioteca viveu un momento moi especial. Recibimos a unha convidada que todos coñecemos ben dos corredores do noso colexio, pero que se presentou baixo unha luz diferente.
Raquel Miragaia, a nosa compañeira e profesora, pero tamén unha das voces novas e admirables da literatura gallega contemporánea. Para nós, é un inmenso orgullo ver como a paixón que dedica ao ensino e á literatura na aula se desborda nas páxinas de libros como "Diário Comboio", "Corpus" e o aclamado "Tempo Tardade".
Escritora, filóloga e profesora nosa, Raquel ensínanos a diario que as palabras son pontes: entre xeracións, entre o pasado e o futuro e entre as marxes da nosa lingua común. Neste encontro, deixamos de lado os libros de texto para mergullarnos no seu universo creativo e descubrir como as lembranzas e os silencios se transforman en literatura. A súa escrita invítanos a ollar os legados familiares, o peso do pasado e a beleza da nosa lingua común.
Deixámovos algunhas das preguntas que fixeron o alumnado para a nosa convidada:
Como voz activa no reintegracionismo (o achegamento do galego ao portugués), como cres que esta escolla lingüística configura a túa identidade como escritora e a recepción da túa obra en Portugal, no Brasil e en Galiza?
Moitos dos teus libros falan da memoria e das raíces. Estar fisicamente lonxe de Galiza, nun país de dimensións continentais como o Brasil, cambiou a túa forma de ver as túas propias historias e o concepto de 'fogar'?
Raquel, todas e todos conhecemos-te como professora aqui na escola. Como é que o contacto diário com os alunos e o mundo do ensino influencia a tua escrita? Alguma vez uma aula ou uma conversa no corredor serviu de inspiração para uma história?
Como é que o teu 'Corpus' (o teu corpo de mulher, professora e galega) se sente ao habitar um espaço geográfico tão vasto como o Brasil? Sentiste necessidade de reescrever ou repensar alguma parte da tua identidade física ou literária ao estares em outro continente?
No conto que dá nome ao livro, o corpo deixa de ser apenas o veículo da mente para se tornar o protagonista através da falha e da vacilação. Raquel, como é que essa 'rebelião do corpo' influenciou a tua forma de escrever? Escreves com a mente ou deixas que o corpo dite o ritmo das palavras?
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
Comentarios
Publicar un comentario