O noso centro é un espazo de acollida!
O alumnado do Equipo de Axuda agasállanos con este roteiro, no que nos mostra os diversos espazos do noso centro educativo. Ademais das mozas e mozos que chegan ao inicio do curso, ao longo do ano incorpórase xente nova. Ao vivir nun concello que acolle a moitas persoas migrantes, unha porcentaxe elevada do noso alumnado é de incorporación tardía.
O Equipo de Axuda, ademais de traballar arreo pola convivencia positiva, realiza unha tarefa esencial de acollida con o alumnado de recente incorporación. Este modesto vídeo ponlle cara ás persoas que invisten o seu tempo en formarse en valores e en mellorar a comunidade educativa.
Grazas polo voso activismo!
Non o perdas! Corre a velo na nosa canle de YouTube: PREME AQUÍ

Comentarios
Publicar un comentario