EXPOSICIÓN "UNHA OLLADA POR PALESTINA"


 EXPOSICIÓN "UNHA OLLADA POR PALESTINA"



O espazo expositivo da nosa biblioteca acolleu unha mostra que non deixou a ninguén indiferente. Trátase de «Unha ollada sobre Palestina», unha exposición fotográfica organizada en colaboración coa Plataforma Compostela x Palestina.

Durante dúas semanas, as fotografías de Hosny Salah foron moito máis que imaxes nas nosas paredes; foron xanelas abertas á realidade, á dor e, sobre todo, á inmensa capacidade de resistencia do pobo palestino.
Queremos dar as grazas a todas as persoas que vos detivestes a mirar, a ler e reflexionar con nós. Grazas tamén a Plataforma Compostela x Palestina por facernos partícipes desta iniciativa tan necesaria para visibilizar o que acontece na Franxa de Gaza. 
A exposición marcha, pero a nosa solidariedade e o compromiso coa paz e os dereitos humanos quedan con nós.



Que as bibliotecas sexan sempre espazos de luz contra o esquecemento.




«Mirar onde outros miran para outro lado»

Comentarios