II SEMANA INTERCULTURAL DO IES DO MILLADOIRO


 II SEMANA INTERCULTURAL DO IES DO MILLADOIRO


Do 11 ao 13 de maio de 2026, o IES do Milladoiro celebra a súa II Semana Intercultural baixo o lema “Somos Diferentes, Somos Referentes”, unha proposta que pon en valor a diversidade cultural como fonte de riqueza e convivencia. Durante estes días, o centro acolle unha programación de actividades artísticas, educativas e sociais con participación do alumnado e de diferentes entidades colaboradoras.

A semana compleméntase co II Campus de Regueifa “RegueiNovxs – Regueifesta”, que se desenvolve durante o fin de semana anterior, con obradoiros de improvisación oral e creación colectiva arredor da tradición da regueifa. A programación da Semana Intercultural inclúe obradoiros, concertos, teatro, danza, audiovisual, ciencia, gastronomía, faladoiros interculturais, a Gala final e un xantar solidario aberto á comunidade educativa.

Esta iniciativa conta coa colaboración da ANPA, o Concello de Ames e Augas de Ames, entre outras entidades e colectivos.


Unha semana para celebrar a diversidade, fortalecer a convivencia e construír comunidade.


Comentarios