PRÉSTAMO PARA O VERÁN

 ☀️ As túas lecturas tamén van de vacacións! Chega o Préstamo de Verán




O verán xa está aquí e na biblioteca queremos acompañarte nos teus momentos de descanso. Sabemos que durante estas semanas tes máis tempo para desconectar, polo que ampliamos as condicións do noso servizo de préstamo.
A partir de agora, todos os materiais que leves en préstamo terán un período especial de duración ata a volta ás clases en setembro. Así poderás viaxar e gozar das túas historias favoritas sen preocuparte polas datas de devolución durante as vacacións.
Como funciona?
  • Máis tempo: Non tes que devolver os materiais ata o regreso ás clases en setembro.
  • Cantidade: Podes levar un máximo de 3 libros á vez para pasar o verán.
  • Sen présas: Lembra que podes consultar o estado dos teus préstamos desde o catálogo en liña na túa área de usuario.
Pásate polo mostrador, elixe as túas lecturas e prepara a túa mochila para o verán!

Comentarios